Fillo predilecto???

 

Para Esquerda Unida é inaceptábel que unha persoa que apoiou un réxime fascita, represivo e dictatorial como o franquista teña o título de fillo predilecto da Coruña, non debemos esquencer que ainda que Millán Astrai tivo un papel secundario na guerra civil, sempre defendeu o réxime franquista, lembremos o célebre altercado con Unamuno onde arengou aos presentes co famoso axioma franquista “¡España una, España grande, España libre!”, ou “¡Muera la inteligencia! ¡Viva la muerte!” en clara alusión a Unamuno. Queda claro que unha persoa que realiza tales aseveracións non representa ningún valor propio dunha cidadá progresista e liberal como A Coruña.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que a Comisión de honras e distincións dictamine a retirada do título honorífico sen basear a decisión na Lei da Memoria Histórica, senón no feito de non representar os valores da nosa cidade, para que o pleno do Concello que ten a potestade de nomeamento de fillo predilecto, o ratifique, xa que logo non se trata dun problema xurídico senón de vontade política, de feito EU-V solicitará o informe xurídico no que se basea a decisión do Goberno municipal.

 

E xa que falamos de xustiza, o Consello Comarcal da Coruña de EU Coruña insta ao goberno municipal a cumprir a Lei da memoria histórica sen máis dilacións, lexislación que está a incumprir no Concello coruñés. No noso país houbo dous bandos, o lexítimo e democraticamente establecido e o dos golpistas. A aplicación da lei da memoria histórica só ven a poñer coherencia e sentido democrático á España de hoxe.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “que se lle retire a distinción, así pechamos o tema e centramos os esforzos do concello na reactivación económica e a creación de emprego, os maiores problemas da veciñanza”.

Relacionados