FIMO

están a pasarnos factura a toda a cidadanía de Ferrol,que aboa con cargo aos orzamentos do concello unha partida moi significativa para a entidade feiral. Descontrol, mala xestión, irregularidades e despedimentos somentes teñen como resposta a calada por parte deste Goberno Municipal, que falta aos seus propios prazos comprometidos para trasnformar a entidade.

Esquerda Unida ten que denunciar que van moi vencidos os prazos que se deu a propia alcaldía de Ferrol para presentar unha fonda reforma da entidade, como vimos reclamando dende hai anos. Transformación que garanta profesionalidade, respecto á plantilla e cumprimento dos obxectivos propios da entidade. Non liortas, favoritismos e débedas.

Esquerda Unida quere dicirlle ao alcalde que non pode ficar impasible cando se despiden traballadoras e traballadores da entidade sen esgotar outras fórmulas e aínda por riba non se lles aboan os salarios adebedados, dilatando o proceso xudicial e xogando – de xeito inmoral – coa vida das persoas. O concello ten que dicir e facer, non calar de maneira cómplice.

O noso Grupo Municipal ten coñecemento de múltiples irregularidades na xestión diaria de FIMO, irregularidades que ameazan a viabilidade futura da entidade, e que imos pór de manifesto no Consello de administración da entidade.

Esquerda Unida vén avogando pola radical transformación da entidade de maneira que se democratice a xestión da mesma e se propicie unha meirande participación da nosa cidadanía no que tería que ser unha ferramenta de promoción comercial e industrial da cidade, e non un foco de problemas, débedas, despedimentos e personalismo.

 

Relacionados