Financiación irregular do PP

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013.- “Unha vez máis vostede, señor Núñez, agóchase da opinión pública e do Parlamento e non explica aos cidadáns o financiamento irregular do PP de Galicia”. Sobre este eixe, a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz esixiu ao presidente da Xunta –na sesión de control do pleno do Parlamento- aclaracións sobre o financiamento irregular do seu partido, que figura entre os papeis do antigo tesoureiro do PP Luis Bárcenas. E que inclúen doazóns de empresas superiores á contía legal -60.000 euros- cando Alberto Núñez Feijóo xa presidía a organización. “Vostede contrata con esas compañías pero non dende que preside o Goberno”, espetoulle Díaz, “senón dende que era amigo de Marcial Dorado”.

Mentres o señor Núñez volvía, máis unha vez, escapulirse e non respondía ás cuestións formuladas por Alternativa, Yolanda Díaz lembráballe algunhas das súas hipócritas declaracións. “Vostede dicía que Bárcenas era unha mazá podre no partido, pero o que está poder é a cesta enteira”, afirmou. Porque amparar, e beneficiarse de, o financiamento ilegal significa “perverter a democracia”, rachar as regras do xogo e construír hexemonía política –como fixo o PP- a forza de trampas. Núñez escudouse n que falará cando llo pida un xuíz, o que indignou as bancadas da oposición. A viceportavoz de AGE preguntou daquela: “Cando vai contar nos tribunais o que aquí non se atreve?”.

Para Alternativa, o señor Núñez non é un presidente ilexítimo. As súas amizades perigosas con contrabandistas e o financiamento irregular que figura nos papeis de Bárcenas e sobre o que o Partido Popular construíu parte da súa hexemonía electoral, e política, demóstrano. “O único que amosou vostede no Parlamento hoxe é que lle importa todo un bledo”, pechou Yolanda Díaz, “e repugnante é o aparello de financiamento irregular do PP galego”.

Relacionados