Iniciativa chamada a espertar o interese da Xunta e do propio concello que agardan non sabemos ben a que, e que pola nosa parte queremos evitar a posible tentación da dereita de deixar degradar materialmente o barrio para que alguna iniciativa privada queira facer negocio contra un patrimonio municipal valiosísimo.
Cando o Executivo do PP prepara, ou xa ten oculta a proposta de orzamentos xerais do Estado, Esquerda Unida vai propor que se consigne unha partida económica para cofinanciar (xunto á Xunta e o propio concello) a rehabilitación integral do barrio de Recimil. Para iso tramitaremos unha proposición non de lei para rehabilitar o barrio de Recimil.
Son momentos bos para producir de verdade un cambio de modelo produtivo e apostar pola rehabilitación – e non polo ladrillo novo cando hai unas de 3,5 millóns de vivendas baleiras no Estado, e tantas na nosa cidade –, que semella unha fórmula máis económica e sustentable de encarar a sáida da crise no eido da vivenda.
A iniciativa suporía ademáis unha fonte de emprego e de dinamización económica para Ferrol, asemade de consolidar e mellorar un parque de vivendas que excede o milleiro e que cumpre e podería cumprir moito máis unha función social de primeira orde.
En resumo, Esquerda Unida quere que o Ministerio abrá unha liña de financiamento plurianual, que permita axudar ao concello a rehabilitar Recimil e mellorar os equipamentos do barrio.
Esquerda Unida quere lembrarlle ao Goberno a urxencia de adxudficar as vivendas baleiras no barrio e pregúntalle – diante da opacidade gubernamental – como vai o proceso de acomodación desas vivendas, cando o Goberno cumpre 9 meses de mandato.