Esquerda Unida saúda a iniciativa da A.VV. Oza-Gaiteira-Os Castros a cal considera un exemplo de colaboración veciñal co Concello. Efectivamente a entidade veciñal ven de anunciar que en breve comezará a traballar na elaboración dun dossier para detectar todas as deficiencias urbanísticas e de mantemento existentes no barrio e así poñelas en coñecemento do Concello para que proceda á súa reparación.
O Voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “o goberno municipal debe modificar a súa actitude e iniciar un diálogo fluído con todas as asociacións veciñais que amosen a súa disposición a colaborar”, desta maneira desenvolverá un servizo moito máis eficaz á veciñanza coruñesa, pois non cabe dúbida de que as asociacións veciñais son as primeiras entidades que reciben as queixas e suxestións dos veciños e veciñas e, xa que logo, constitúen unha inestimable fonte de información para mellorar e optimizar as actuacións municipais en cada barrio.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha iniciativa no concello para que se arranxen de urxencia as fochancas da avda. do Exército que poñen en perigo a seguridade viaria. unha denuncia efectuada pola asociación veciñal que acredita EU-V. Concretamente desenvolveremos unha pregunta escrita que consiste en:
– Coñece o goberno municipal a situación na que se atopa un tramo da Avda. do Exército onde existen dos grandes fochancas que comprometen a seguridade viaria?
– Ten pensado o goberno municipal resolver o devandito problema? e en caso afirmativo en que período de tempo?