Folga función pública

 

Pedimos a colaboración de toda a cidadanía aprazar calquera xestión ante a  administración publica, pedimos as ANPAS, nais e pais non enviar os nenos os colexios.

 

A proposta de Rodríguez Zapatero convertese nunha proposta inxusta xa que obvia que nas administracións publicas traballan moitos mileuristas, rexeitamos que ante esta brutal crise capitalista a formula de reconducción dun pais sexa que a crise social a paguen os mais débiles deixando o marxe os grandes capitais.

 

Rexeitamos que o PSOE a través do Goberno trate de socializar as perdidas dun pais e privatice os benéficos a prol da banca e das grandes multinacionais.

 

Semella inaudito que o Goberno do PSOE, que se di de esquerdas, renuncie a incrementar os ingresos reducindo as ganancias do grande capital en favor de castigar a maioría social.

 

En definitiva, Esquerda Unida rexeita con rotundidade o recorte inxusto, covarde e antisocial desenvolvido polo Goberno do PSOE calquera recorte social.

 

Invitamos a que poña en practica as mais de cen medidas propostas pola nosa organización Federal para unha saída  da crise pola esquerda.

 

Solicitamos que se rescate o imposto de patrimonio, que só afecta ao millón de españois máis ricos.

Solicitamos que se aumente o ultimo tramo do imposto do IRPF, para que coticen máis os que máis teñen.

Solicitamos que se creen impostos para as grandes riquezas e movementos financeiros.

Solicitamos que se eliminen as concesións a igrexa.

Solicitamos que se eliminen os salarios dos mestres de relixión.

Solicitamos que se constrúa novos centros de ensino publico, hospitais, creación de emprego publico, en detrimento do privado.

Relacionados