Folga xeral

 

 

González Lago fai un chamamento en especial a que os Pontareans non so secunden o día de folga senón que tamén se mobilicen.

 

Dende Esquerda Unida invitase a que as familias se organicen o día anterior e non acudan a ningún establecemento que poida decidir abrir as súas portas e non ir a folga,(panaderías,bares… recordando que os membros de EU estarán constituídos como piquetes informativos.

 

Estamos nunha recesión económica e laboral moi grave. Supéranse xa a nivel estatal os catro millóns de parados, dos  que máis dun millón non cobran o subsidio de desemprego; estanse producindo miles de deshaucios por non poder pagar a hipoteca;  

 

Non  é tecnicamente posible precisar  a corto prazo a evolución desta recesión e da futura depresión,  polo que os anuncios de brotes verdes e futuros esperanzadores son propios de políticos desaprehensivos. 

 

Trátase dunha crise do sistema capitalista en xeral, agravada polas políticas neoliberais aplicadas en España polo PP, PSOE e nacionalistas.

 

Aproveitando o medo e desesperación da xente,  os defensores do capital  tratan de impoñer novos recortes de dereitos para a clase obreira. Queren o despido gratis, queren acabar cos convenios, queren reducir os gastos sociais en educación, sanidade e dependencia, queren reducir o período de xubilación. Pero non queren reducir os gastos militares, as axudas á banca e a unhas poucas empresas  privadas.

 

Fronte a estes despropósitos hai unha política alternativa, global, defendida por ESQUERDA UNIDA, froito dun rigoroso estudio das nosas posibilidades reais de desenvolvemento sostible.

 

Para González Lago o intento dos membros do PSOE e PP de deslexitimar esta folga, utilizando todo tipo de artimañas e algúns medios de comunicación non serán suficientes para parar as mobilizacións en todo estado, xa que IU  foi a única forza política que dende hai mais de un ano ven defendendo a FOLGA XERAL.

Relacionados