Folga Xeral

 

Xuntanzas, repartos e mesas se suceden nas diferentes vilas da comarca e na propia cidade de Ferrol. Pontedeume e As Pontes son hoxe o punto de atención da organización comarcal da formación de esquerda e ecoloxista no canto de procurar apoios e vontades para conquerir un paro xeral masivo que derrote unha agresión non vista dende a ditadura.

 

O mesmo luns, día 26, EU manterá reunión de traballo coas dirección sindicais de Comisións Obreiras e da CIG ao obxecto de artellar a colaboración nos piquetes informativos durante o día do paro e as medidas conexas de información e divulgación propias deste días de preparación do paro, asemade de expresarlle públicamente e unha vez máis o pleno apoio da organización de esquerdas e ecoloxista a esta medida de loita formulada polos sindicatos de clase.

 

Mañán no Pleno ordinario, EU avaogará de xeito público polo seguimento masivo do paro e polo peche das dependencias municipais  o vindeiro día 29 de marzo.

 

 Xosé María Dobarro afirma que as mulleres e homes de EU son e serán elementos activos na defensa do paro e no exercicio do dereito constitucional de folga, dereito que serve para acumular forzas para a tarefa difícil de conquerir de cote o dereito ao traballo, que as políticas neoliberais se encargan de facer anacos.

 

Ferrol centrará o principal dos esforzos estes días da semana entrante , xunto a Narón para sumar apoios contra as medidas do Goberno.

Relacionados