Fomento da mobilidade en bicicleta

 

A conselleira de Medio Ambiente, Nieves Vazquez, subliñou a importancia de fomentar o uso da bicicleta na cidade como alternativa de transporte, máis Esquerda Unida considera fundamental apostar pola implantación de novas zonas de carril bici para permitir a cidadanía desprazarse en bicicleta por toda a cidade con seguridade, e así fomentar que o uso da bicicleta se implante masivamente. No Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) propoñemos a implantación dunha rede de carril bici que permita conectar os barrios xunto cunha rede de aparcadoiros seguros para as bicicletas para, deste modo, potencioar este medio de transporte, sustentábel e saudábel.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “incrementar substancialmente a mobilidade en bicicleta semella fundamental para avanzares cara unha mobilidade sostíbel”.

 

César Santiso anunciou que en breve reuniranse co colectivo de ciclistas para explicarlles  o PIMUS e solicitarlles o apoio e suxestións necesarios para definir unha rede de carril bici de maneira consensuada que cubra a meirande demanda de mobilidade en bicicleta. 

Relacionados