Fomento do cooperativismo

A Orde de 29 de setembro, publicada onte, xoves, 20 de outubro, a cal supón darlle  un golpe sobresaínte  ás capacidades de actuación dos concellos en orde a estimular un xeito de actividade económica, quen de producir emprego e cohesión cun marcado acento social.

Yolanda Díaz considera fundamental a aposta das administracións locais e da Xunta ao respeito de pór recursos públicos que favorezan a este  sector da economía social, o ser este un elemento clave da panoplia de ferramentas para producir un cambio de modelo social e  económico.

 

Os 400.000 euros orzamentados para axudar aos concellos desaparecen nesa mistura de desinterese e improvisación coa que mal goberna Feijóo o noso país e desfai a economía. Ferrol non disporá da oportunidade de estabelecer unha oficina de  fomento cooperativo, nen as oficinas de emprego cooperativo nunha zona do país marcada por salientables experiencias cooperativas. Esquerda Unida denuncia esta situación e reclama do Goberno Municipal unha resposta diante desta problemática.

 

Esquerda Unida  considera que o fornecemento da economía social e cooperativa require un compromiso sostido no tempo e nos recursos para callar e contribuír a desenvolver outro modelo socioeconómico, logo da creba económica e moral do actual. Esquerda Unida entende necesario conquerir financiamento para pular, entre outras, polas seguintes actividades de apoio ao sector cooperativo:

        achegar información, formación e orientación no que atinxe ao cooperativismo e o fomento do autoemprego cooperativo ao través do respaldo aos proxectos cooperativos e da economía social que se presenten no noso concello.

        Apoiar á comercialización dos produtos deste sector para o cal teñen que ter preferencia nas adquisicións realizadas polo noso concello. O programa de consumo responsable e social aprobado a instancias de Esquerda Unida debe xogar un papel de referencia.

        Realizar análises e estudos que favorezan o desenvolvemento do rural e o seu vencello con esta modalidade de iniciativa social.

 

Se o ano pasado  244 cooperativas e uns 50 concellos participaron nestas axudas, este ano todos eles as perden  cando vai para rematar este exercicio, marcado outro ano máis pola dureza e extensión da crise económica. Os 3,3 millóns de euros contemplados para a programación 2011-12 quedan en nada, confirmando o absoluto desinterese que o PP ten ao respecto desta modalidade de actuación social e económica.

 

Relacionados