Fondos de compensación territorial

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda acusou á Xunta de Galicia de mentir e falsear os datos de execución dos Fondos de compensación Interterritorial dun xeito interesado mentres os datos aportados onte en rolda de prensa polo deputado de AGE, Antón Sánchez, confirman a súa incapacidade xestora deixando case a metade dos fondos do ano pasado sen executar. A Xunta de Galiza una vez máis volveu mentir na súa contestación aos datos aportados por Alternativa Galega de Esquerda.

Por unha banda, salientar que o nivel de execución orzamentaria do FCI foi do 56,70% no 2012, o menor de todas as CC.AA. A execución orzamentaria calcúlase pola porcentaxe entre as obrigas recoñecidas, e non os pagos certificados, como informou a Xunta, e a dotación orzamentaria do FCI. Isto é, a Xunta confunde interesadamente e con finalidade perversa os pagos realizados ou certificados coas obrigas recoñecidas, que non é o mesmo, xa que a execución orzamentaria calcúlase sobre as obrigas recoñecidas, e non sobre os pagos efectuados.

No 2012 o FCI tiña unha dotación inicial de 76.992,38 millóns de euros e en dito exercizo as obrigas recoñecidas foron de só 43.651,50 € (dos cales 37.132,74 € correspondian a exercizos anteriores e os restantes 6.518,85 € do ano 2012), co cal a execución orzamentaria foi d o 56,70%, tal e como consta no cadro do Ministerio de Hacienda.

http://www.minhap.gob.es/Documentacion/Publico/PortalVarios/FinanciacionTerritorial/Autonomica/ESTADÍSTICA%20EJEC%20FFCI%20JUNIO%202013.pdf

En segundo lugar, que a Xunta minte e falsea os datos sobre a execución orzamentaria do 2012 do FCI resulta evidente cando ao referirse ao ano 2013 en curso, si menciona correctamente o grado de execución orzamentaria do 19,68, que se ben é superior á media (do 8,12%; dato pouco significativo se se ten en conta que Andalucía, que representa o 36% do FCI aínda non tiña executado nada no mes de xuño) é inferior ao de outras comunidades como Asturias, Cantabria, Valencia ou C.León.

 

Por último, Alternativa Galega de Esquerda asegura que pretender xustificar o baixo nivel de execución orzamentaria do FCI no anterior goberno da Xunta é politicamente impresentable.  Desde a chegada á presidencia da Xunta do Sr. Núñez Feijóo (2009) o nivel de execución orzamentario do FCI descende espectacularmente. Tamén o goberno bipartito tivo que executar fondos de exercizos anteriores (dos gobernos Fraga), pero o grado de execución orzamentaria nos anos 2005-2009 foi sempre moi superior ao do goberno de Feijoo Feijóo desde o 2009.

Relacionados