bicicleta.jpg - 8.77 Kb

Foro Bici

 

O quecemento global, producido polas emisións de gases de efecto invernadoiro, é unha realidade á que lle hai que poñer freo. O transporte emite o 25% deses gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático, por iso é necesario reducir ao máximo os desprazamentos en vehículo motorizado.

Ademais, os vehículos motorizados compiten polo espazo cos peóns, xeran ruídos e producen incomodidades que empeoran a calidade de vida sobre todo no casco urbano.

 

Para poñer solución aos problemas producidos polo transporte, o Concello debe elaborar un Plan de Mobilidade Sostible que reduza a necesidade de desprazamentos, diminúa o volume do tráfico motorizado e de prioridade ao transporte público e aos desprazamentos en bicicleta e a pé.

 

A utilización da bicicleta nos desprazamentos, por si soa non e unha solución aos problemas ambientais e sociais que xera o transporte, pero é un bo inicio. Moitos dos desprazamentos que se realizan habitualmente no concello que se fan en vehículos motorizados se poderían facer perfectamente en bicicleta. Pero ao mesmo tempo dende a administración local se deben tomar medidas que favorezan os desprazamentos en bicicleta e melloren a seguridade. Por iso, e pendentes da elaboración dun plan integral de mobilidade sostible, propoñemos as seguintes medidas para favorecer os desprazamentos en bicicleta:

 

·          Declarar o casco urbano de Ponteareas preferente para ciclistas e peóns.

 

·          Limitar a velocidade en zona urbana a 30 km/h.

 

·          Instalar peraltes disuasorios nas rúas máis problemáticas.

 

·          Poñer aparcadoiros para bicicletas nos puntos de gran afluencia de persoas.

 

·          Creación de carrís-bici comunicados entre si por todo o Concello de Ponteareas.

 

O 26 DE MARZO ÁS 18:00h NOS XUNTAREMOS DIANTE DO CONCELLO DE PONTEAREAS. FAREMOS UNHA MARCHA POLA VILA, IDENTIFICAREMOS AS DIFICULTADES QUE NOS ATOPEMOS E PROPOREMOS LUGARES ONDE DEBERÍA HABER APARCADOIROS PARA BICICLETAS.

!!!PARTICIPA!!!

Relacionados