Foro Xuvenil Os Rosais

Nesta xuntanza explicaron o gran descontento que existe entre a veciñanza polo abandono do local Aventura Park. Actualmente o Concello tan só arranxou o frente do mesmo e desoíu a proposta presentada pola Asociación de veciños que pretendía transformar o local nun espazo multiusos para desconxestionar o centro cívico municipal da zona. Xa que logo Esquerda Unida esixe que se ceda o local de Aventura Park para o aproveitamento das veciñas e veciños dos Rosales.

A proposta veciñal presentada chámase “Foro xuvenil Los Rosales” e nace da constatación de varias realidades do barrio como o importante número de adolescentes, a ausencia de alternativas de ocio e deportivas no mesmo e a consecuente preocupación das familias polo consumo de alcohol e sustancias estupefacientes entre a mocidade.

O grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes rexistra unha pregunta de resposta escrita a fin de coñecer si o goberno local ten pensado transformar o local pechado do aventura park nun foro xuvenil, porque coincidimos coa A.VV. e consideramos importante habilitar unhas dependencias específicas para que a xuventude poida atopar un lugar de encontro,onde por en común iniciativas. Asemade, creemos que destes puntos de encontro poden xurdir ideas emprendedoras que permitan unha entrada dos máis mozos no mundo laboral.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mentres a crise está a afectar con máis virulencia á mocidade, que se atopa desmotivada e desesperanzada pola falta de futuro ante a incapacidade de acadar emprego, o PP non so non aplica medidas a prol da mocidade, senón que desoe as propostas que mellorarían a situación deste colectivo, semella que as súas prioridades limítanse simplemente ao desenvolvemento urbanístico da cidade, caracterizados polos pelotazos e a contratar informes, estudos e concesións a súas empresas amigas”

Relacionados