Fortalecemento do servizo de normalizacion lingüística

 

Así, dende o convencemento de que os poderes públicos teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover a riqueza lingüística e cultural, deben implementar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras. Esquerda Unida, coincidindo co día das letras galegas, anuncia que inclúe no seu programa a proposta da coordinadora de traballadores de normalización lingüística (CTNL). Que textualmente establece o compromiso da: “Promoción do uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio, para o que se potenciará e consolidará o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal, dotándoo de recursos humanos estábeis e partida orzamentaria suficiente”.

 

Con esta última achega o consello comarcal de EU Coruña pecha o seu programa electoral participado pola veciñanza que incorpora achegas completas de seis movementos sociais: Véspera de Nada, Coordinadora Galega de ONG, Libera, un programa pola terra das agrupacións ecoloxistas, asociación sen papeis da Coruña e CTNL.

 

Por outra banda, o coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, participou dando lectura pública a unha cita de Castelao no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado por Queremos Galego no Obelisco. A devandita cita dicía: “Por intuición de raza domiñante, saben moi ben cal é a eficacia do idioma, e nesta cuestión endexamais transixen. Para eles en Hespaña non hai máis idioma que o castelán; os outros son maneiras lamentables, descorteses, burdas, dexeneradas de falar, e imponse a súa eliminación polo ferro e o lume. Eles detrás do mostrador esocitan i entenden o galego; até o falan -¡é un elemento para o axuste!-; pero non poden concederlle o rango de idioma. Os galegos que se formaron nesta escola, castelanizáronse fortemente, e á semellanza dos seus xefes prohibiron aos fillos que falaran galego –que era así como un pasado vergoñento, un antecedente lamentábel e denigrante”.

 

Anexo VI Proposta da CTNL

Relacionados