FP dual

O deputado Ramón Vázquez pediu, sen éxito, información sobre o proxecto na comisión de educación de hoxe e denunciou o despedimento de dez traballadores por parte da empresa despois de asinarse o convenio co goberno galego tal e como el mesmo vaticinara semanas atrás que ía acontecer.

Santiago de Compostela, 19 febrerio de 2013.- O deputado parlamentar, Ramón Vázquez, lamentou a falta de resposta por parte do director xeral de Formación Profesional, Manuel Corredoira, hoxe na Comisión de educación á súa pregunta respecto do proxecto de FP dual posto en marcha desde a Consellería pola porta de atrás. Días despois da sinatura o 16 de xaneiro do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, do convenio de colaboración co director financieiro da empresa Coremain SL, os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron denunciaron publicamente un proxecto que o que ía provocar era a contratación de xoves en precario e posibilitar o despedimento de traballadores dun xeito barato amparándose na reforma laboral do PP que permite o despedimento libre. Días despois Coreimain anunciaba un ERE que afecta a 10 traballadores.

Ramón Vázquez pediu información sobre a situación deste proxecto na Comisión 4ª sen recibir resposta algunha por parte do director xeral que non soubo explicar nin un só punto da folla de ruta do proxecto do FP dual en Galicia.

Desde Alternativa Galega de Esquerda inciden no feito de que proxecto púxose en funcionamento sen contar cun marco normativo nin falar con ningún dos órganos consultivos legalmente establecidos como o Consello Galego de Formación Profesional, o Consello Escolar de Galicia nin a Mesa sectorial de Educación algo que para os deputados de AGE“resulta inadmisible que aborde un cambio desta envergadura ignorando a todos os sectores implicados na materia”. A isto súmase o proceso opaco e sen uns criterios claros de elección da empresa sen permitir que optasen outras e resultando Coremain SL a beneficiaria do convenio, empresa coa que a administración galega asinou unha chea de contratos a través das diferentes consellerías e co Sergas, sendo por exemplo a adxudicataria dos ordenadores para o Plan Abalar cun valor de máis de 5 millóns de euros, entre outros programas e contratos.

Desde AGE insta á Xunta a cancelar o convenio con esta empresa e iniciar o diálogo coa comunidade educativa para valorar o proxecto así como establecer o marco normativo preciso e adaptado as características propias do noso país.

Relacionados