Fracaso no modelo do PP

O Grupo Municipal EU-V expresa a súa preocupación pola lentitude do PP, que tardou máis de dous anos en rectificar as previsións de ingresos por licencias de obra mantendo as de 2010 dende a súa entrada no goberno. A Coruña é unha cidade con 19.000 vivendas oficialmente baleiras, que sumadas aos proxectos de ampliación de Eiris, Vioño e Someso estímase que poden chegar ás 22.000 nos próximos anos. Este dato, xunto co incremento do desemprego e de exclusión social e o alarmante descenso do tecido produtivo como amosa o dato da recadación do IAE, que Concello reduciuse nun 11,7% respecto do ano 2010, é indicativo de que a demanda de nova edificación para a cidade encóntrase moi por debaixo do que o Partido Popular mantén no seu proxecto de cidade.

Esquerda Unida espera que o axuste á baixa do goberno municipal nas previsións de ingresos da construción vexase reflectido no investimento dos vindeiros orzamentos. A cegueira ante os datos é a única forma de defender a validez dun programa focalizado na construción e o turismo como principais e case únicos motores económicos, apesares de ter recaudado a metade en licencias urbanísticas do estimado. Que non se fixesen as modificacións acordes a nova situación, marcando a cifra de 2,7 millóns como previsión, é unha mostra máis dos problemas do Goberno Municipal para diagnosticar as problemáticas e marcar qué política de incentivos aplicar para revitalizar a economía e mellorar a situación da veciñanza.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que: “é necesario pasar do modelo de festa e construción ao desenvolvemento tecnolóxico, a economía verde e a industria sostible. A prioridade na inversión cultural debería ser aproximarnos a Sao Paulo máis que a  Benidorm, o que non significaría renunciar ao turismo, xa que contamos con moitos dos vimbios para converternos nun atractivo polo tecnolóxico. Precisamos dunha planificación seria, inversión e visión de conxunto para dar este paso”.

Relacionados