A propia Lei 30/2007 reguladora dos Contratos do Sector Público, establece no seu artigo 74.2: Non poderá fraccionarse un contrato coa finalidade de diminuír a contía do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que corresponden. Con todo, entendemos que o devandito criterio non é o seguido polo Concello nalgúns casos, Así por exemplo, no caso do subministro de gasóleo para as diferentes dependencias e servizos municipais existen varios contratos diferentes que poderían agruparse nun só, o mesmo ocorre no mantemento de extintores ou nos servizos de limpeza con a lo menos 53 contratacións diferentes por importe superior a cuarto millóns de euros.
Esquerda Unida preguntará ao Goberno municipal si rectificará a errática política de fracionamento de contratos.
Este tipo de políticas amosan falta de coordinación entre diferentes áreas de xestión e unha ausencia de planificación a cal debemos arranxar. O feito de xestionar varios contratos en lugar dun, multiplica as necesidades de recursos humanos nos servizos de contratación, contabilidade e tesourería municipais e os gastos de funcionamento dos mesmos, obrigados a xestionar a licitación de múltiples contratos en lugar de un só, e a tramitar a xestión de moitas facturas de pequenos importes en lugar dunha soa polo importe total, dilatando os tempos de pagamento das mesmas. Asemade implica que as empresas podan formular ofertas económicas máis vantaxosas para o Concello ao non poder aproveitar as economías de escala derivadas de agrupar varios concursos nun só.
O grupo municipal de EU-V considera que o fracionamento de contratos prexudica a eficacia do concello, incrementa os custes e fomenta a opacidade na contratación. Esquerda Unida bríndase a apoiar ao Goberno municipal a adoptar as medidas correctoras necesarias porque de todos é coñecido que os poderes públicos teñen a obriga de fomentar a eficiencia na xestión dos cartos cuxa xestión teñen encomendada.
César Santiso, indicou que “seguiremos a traballar na investigación, control e intervención que prometemos. A veciñanza pode confiar en que seremos os seus ollos no concello”.