Javier Galán reclamou a elaboración da modificación puntual do PXOM por parte do Goberno Municipal, e pediu un prazo claro e firme para levala a cabo. “Houbo e hai un acordo cidadá nidio a prol de evitar calquera desfeita inmobiliaria na fraga e hai que facelo norma e correspóndelle ao Goberno facelo realidade”, sinala Javier Galán.
Esquerda Unida inquiriu na Comisión celebrada hoxe acerca de que postura terá o concello diante do recurso contencioso-administrativo presentado contra a denegación da tramitación do plan de sectorización. A formación política de esquerdas e ecoloxista sostén a perentoridade dunha acción pública municipal inequívoca en defensa da salvagarda íntegra da fraga. Non podería ser doutro xeito, porque ao contrario reabriríalle ao Goberno unha resposta social reprobatoria clara.
Pedímoslle ao Goberno un pronunciamento claro e rotundo na defensa do Menáncaro, pedímoslle un prazo firme para executar a modificación puntual, peticións ambas que se poden resolver con ben nesta anualidade, sinala Javier Galán.