Agora sabemos que o cambio de goberno e a lexislación dese país norteamericano obrigan a realizar un concurso aberto e libre. E dada a contía do contrato tería que ser aínda aprobado por un consello de administración en proceso de se renovar.
A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (Esquerda Unida-Anova),Yolanda Díaz, vén de reclamar a depuración de responsabilidades políticas diante da mentira hoxe evidente en materia de carga de traballo dos floteis, que durante as vésperas da campaña electoral e nesta verqueu a maquinaria de marketing e propaganda da Xunta. A deputada fixo esta acusación e denuncia no transcurso da comparecencia do Secretario Xeral da Presidencia con motivo do debate do proxecto orzamentario, que por certo non consigna nen un patacón para axudar a financiar o dique flotante.
Yolanda Díaz esixiu a demisión do responsable desa mentira política que ten graves repercusións para a nosa cidadanía nunha materia tan importante como a da posible carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol. O respecto democrático que se lle debe á cidadanía avoga pola demisión do responsable desa mentira política.
Esquerda Unida chama a cidadanía de Ferrolterra e ao conxunto de forzas sociais da comarca a dar unha pronta e dura resposta cando se fai evidente o xogo de mentiras e desleixo que o PP practica coa cidadanía traballadora de Ferrolterra.







