Freiremar

A deputada Consuelo Martínez de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) acompañou esta mañá as traballadoras e traballadores de Freiremar na súa concentración en Beiramar, diante da planta de elaborados do grupo empresarial en Vigo. Durante o encontro, o comité de empresa denunciou o baleirado do almacén que está a levar a cabo Freiremar introducindo camións na planta coa protección da policía, sen que as traballadoras e traballadores podan facer nada cando a empresa aínda lles debe a indemnización polo ERE extintivo.

A deputada Consuelo Martínez comprometeuse co persoal despedido de Freiremar a preguntar á Xunta polo cumprimento do acordo tomado por unanimidade o pasado 3 de decembro presentado hoxe mesmo unha pregunta urxente para a súa contestación por escrito para que o goberno galego explique qué accións ten iniciado a Xunta de galicia para garantir o mantemento da planta de elaboración de Freiremar así como o emprego correspondente na cidade de Vigo.

Relacionados