Función do voto

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a traballar en medidas para reactivar a economía en lugar de pedir milagres, porque son xa 24.353 os coruñeses e coruñesas que se atopan en situación de desemprego, dos cales 4353 engrosaron as listas do paro dende a chegada do Sr. Negreira a alcaldía. Así co goberno do PP o desemprego incrementouse nun 22%. Máis de seguir a tendencia finalizaremos o desemprego cun incremento do 10% do paro, situándonos con máis de 26.000 de persoas desempregadas debido ao declive do comercio, aos despedimentos masivos en entidades bancarias e o esmorecemento do sector industrial.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera un insulto para as persoas desempregadas que o alcalde se encomende a Virxe en lugar de presentar o plan de emprego prometido en campaña. Un plan que nunca tivo e que semella non ter nin ideas nin capacidade para desenvolvelo, como se está a demostrar transcorrido a metade do seu mandato. Pero o máis grave non é a súa incapacidade para loitar contra o paro, senón a arrogancia e prepotencia para rexeitar todas e cada unha das propostas da oposición, nin tan sequera acepta abrir un espazo de dialogo e debate para estudar diversas medidas, como por exemplo medidas de fomento de fluxo de crédito para PEME, autónomos e cooperativas, o Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME), o plan de turismo ou o de apoio ao pequeno comercio, como as que temos presentado.  Propostas todas elas que temos exposto en distintas ocasións, pero que o PP en ningún momento dignouse a valorar. Así, por exemplo, o SIAME consistente en cubrir mediante unha mínima taxa, as necesidades primarias de xestión de autónomos, PEME e cooperativas, como acceso a oficinas administrativas de uso compartido, comunicacións, loxística administrativa, servizos administrativos, asesoría contable, laboral, tributaria e medioambiental para mellorar a súa eficiencia enerxética e ser máis competitivos.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “pedir a Virxe do Rosario que interceda polos parados é a constatación de que o alcalde tira a toalla a dous anos de lexislatura e renuncia a loitar contra o desemprego”. Así pois non é de estrañar a política do pan e circo que desenvolve o goberno municipal, centrando a súa actividade municipal en festexos para distraer a cidadanía e no sector da construción para beneficiara os seus amigos (PXOM, PEPRI, tirar actuacións de anteriores gobernos, investimentos) apesares de saber que esta actividade non xerará emprego, aínda que si pingues beneficios para os poderosos.

Relacionados