Función social vivenda

Por tal motivo, entre outras medidas, presentamos unha moción, 0 14 de marzo de 2012, na que propuxemos a creación duna Axencia Pública de Aluguer, co obxectivo de incentivar a posta a disposición da cidadanía de vivendas en aluguer social.

Para potenciar esta axencia pedimos nunha moción, o 15 de xuño de 2012, a xestión pública das vivendas dos bancos e caixas co fin de que sexan xestionadas polo Concello, a través desta axencia de aluguer, para garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna.

Outras medidas que propuxemos para acadar este dereito á vivenda foron a creación de axudas para reformas urxentes en vivendas do Concello, moción presentada o 20 de abril de 2012, e outra moción, presentada o 1 de decembro de 2011, co fin de crear unha convocatoria de axudas para o pago da hipoteca ou alugueiro en situacións de emerxencia social.

Por iso, como nova medida na loita por acadar o dereito constitucional á vivenda, dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela consideramos necesario estender as medidas adoptadas polo Goberno Andaluz a través da Consellería de Fomento e Vivenda mediante o Decreto-Lei 6/2013, de 9 de abril, de medidas para asegurar o cumprimento da Función Social da Vivenda, ante a inacción demostrada polo Goberno Central que non adopta as medidas de salvagarda dos devanditos dereitos ás que vén obrigado e négase a modificar a lexislación hipotecaria que xerou en boa parte este problema.

Por tanto temos que avanzar en medidas que como o Decreto andaluz supoñen un “plan de choque en salvagarda do ben xurídico protexido: o dereito a unha vivenda digna”, accións como obrigar á banca e sociedades filiais e inmobiliarias a declarar cal é o parque de vivendas baleiras dispoñibles e sacalas ao mercado do aluguer, sancionar o seu incumprimento ou mesmo expropiar temporalmente do uso das vivendas naqueles casos que vaian ser desaloxados cidadáns nos que concorran circunstancias sociais, tales que a súa saída do domicilio, supoña unha condena á exclusión social ou unha ameaza para a saúde física ou psíquica.

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

ACORDO

Primeiro. Que o Pleno do Concello de Santiago inste ao Goberno da Xunta de Galicia á adopción de medidas legais de similares características ás aprobadas polo Goberno de Andalucía recollidas no Decreto Lei 6/2013 de 9 de abril, de Medidas para Asegurar o Cumprimento da Función Social da Vivenda.

Relacionados