O noso Grupo presentou xa varias iniciativas coa finalidade de conquerir a eliminación da simboloxía franquista que aínda resta en diferentes espazos públicos da cidade. En particular, de resultas da moción presentada ao Pleno do 24 de setembro, fixemos fincapé na necesidade de eliminar todos os vestixios dun tempo felizmente clausurado. E no noso paso polo Goberno Municipal executamos varias accións de eliminación de restos físicos da ditadura.
Esquerda Unida, na presentación da moción, fixo fincapé na reclamación de que a estatua ecuestre do ditador fora fundida para, desta maneira, poder realizar unha nova peza adicada ás vítimas da ditadura. Yolanda Díaz e Javier galán avanzaron a idea de convocar un concurso entre os creadores plásticos ao obxecto de que a peza resultante tivera un impacto certo e especialmente valioso no plano artístico.
A nosa organización, xa que logo, aposta pola fundición da estatua e pola convocatoria dun concurso para deseñar unha nova obra que sirva, esta si, para honrar a memoria dos que sufriron a violencia do golpe militar e da subseguinte ditadura.