Galicia en Común presenta as propostas en materia de Políticas Sociais

A coalición Galicia en Común – Anova Mareas vén de presentar as propostas en materia de políticas sociais encamiñadas a establecer como prioridade neste momento de pandemia, a garantía do sustento básico da cidadanía.

  • Renda vital de emerxencia.​ ​Axudas económicas directas e urxentes para todas aquelas persoas e familias que non conten con ingresos ou liquidez para garantir a súa subsistencia​. A contía será suficiente e proporcionada para garantir os pagamentos de alugueiro de vivenda, alimentación e subministros básicos da unidade familiar (electricidade, auga, gas, medicinas, etc.). Por medio do incremento de recursos da Renda de inclusión social de Galicia (RISGA), as Axudas de emerxencia social ou por outras vías para cubrir novas demandas. Estas axudas deben flexibilizar e axilizar os requisitos de acceso axustándoos ás necesidades xeradas a causa do Covid-19
  • Suspensión da cobranza de taxas e impostos autonómicos a aquelas persoas e familias que acrediten a pérda n dos ingresos, ​ ou cando estes sexan insuficientes durante o período de crise sanitaria para garantir o sustento
  • Habilitar liñas de axuda urxente aos concellos para incrementar os recursos materiais e humanos dos servizos sociais municipais​, -os que mellor coñecen de preto a realidade dos seus territorios- e posta á súa disposición dos servizos de empresas privadas que poidan cubrir as necesidades existentes en cada caso. 4
  • Abrir novos prazos e requisitos máis flexibles para axudas de continuidade ante o afloramento de novos casos de precariedade, como bolsas comedor ou as prestacións ligadas á renda vital de emerxencia.
  • Ampliación (e prórroga) do Programa do Servizo de Axuda a Dependencia (SAD) coa dotación de persoal suficiente​ para dar axilidade ás valoracións do grado de dependencia ​e a realización efectiva dos pagos.
  • Reforzo dos servizos de teleasistencia para a adecuada atención e cobertura a persoas soas, maiores, con dependencia e casos positivos ou illadas a causa da COVID-19 que o precisen
  • Implementación dun plan específico de Atención a domicilio de persoas con enfermidades mentais​ e desenvolvemento de servizos de teleasistencia en materia de saúde mental.
  • Garantir solucións habitacionais aos colectivos máis vulnerables, axudas ao aluguer para persoas e familias con ingresos insuficientes e exención do pago da renda en vivendas do IGVS​ durante catro meses, con medidas de aplicación concreta e acompañamento xa descritas no bloque de propostas de vivenda que xa foron presentadas o 18 de abril.
  • Axudas a conciliación para persoas con menores a cargo, ou persoas con dependencia, e casos positivos ou illadas a causa da COVID-19​ durante o periodo no que permanezan pechados os centros de ensino e os centros de atención a persoas dependentes. Con especial atención ás familias monomarentais e monoparentais.
  • Axilización e disposición de procedementos abreviados que permitan a solicitude e concesión de axudas ​de maneira telemática, con requirimentos abreviados e adiando as entregas documentais, urxindo a resolución dos expedientes acorde á situación de emerxencia.

Relacionados