Presentación 25X

 

Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida manifestou que “celebramos este 25 de xullo no antigo cárcere provincial da Coruña por ser un espazo significativo para a esquerda do país, un espazo onde se exerceu a represión e polo que pasaron todos as persoas represaliadas deste país entre eles, compañeiros como Seoane e Gayoso”.

Con este acto Esquerda Unida quere vindicar unha parte sustancial da súa historia como é o dereito de autodeterminación dos pobos recollido xa a principios de século polo Partido Comunista. Dende Esquerda Unida celebraremos o 25 de xullo como data de vindicación da nosa aposta pola defensa dos dereitos nacionais e dentro destes o da defensa de EU por un estado federal, republicano e solidario.

Yolanda Díaz coordinadora de Esquerda Unida, manifesta que “vindicamos un pobo en rebeldía polos dereitos nacionais, ante o desmantelamento social e laboral e a vulneración de leis e dereitos conquistados, esto nos sitúa nun proceso destituínte. Apelamos á rebeldía da cidadanía para por en marcha un proceso constituínte que culmine nunha nova norma fundante que mude os dereitos sociais pero tamén, en termos horizontais, mude o modelo de estado”. Estamos a padecer  un proceso de recentralización onde as nacionalidades históricas como Galicia, xa non temos un papel relevante no conxunto do estado.

Neste ano lembramos, no centenario do seu nacemento, a memoria de Santiago Álvarez fundador do Partido Comunista de Galicia, e na súa honra reivindiacamos tamén cuestión nacional onde o pobo é quen decide o seu destino.

 

Día: 25 de xullo

Lugar: Antigo Cárcere Provincial da Coruña

Hora: 12h

 

 

 

 

Relacionados