Galicia ten 211.924 persoas no desemprego mentres a Xunta presume dun leve descenso nunha senda de precariedade e baixos salarios

En Galicia, os datos de desemprego seguen sendo uns dos peores de todo o Estado.

Neste mes de febreiro, o paro rexistrado na nosa comunidade permaneceu case estancado: só baixou en 154 persoas con respecto ao mes de xaneiro. Esto quere dicir que diminuíu nun 0,07%, unha cifra ínfima da que presume o goberno do PP, que nos segue a levar na senda de precariedade e baixos salarios.

Dende Esquerda Unida sinalamos que o mercado laboral galego segue a manifestar a súa problemática de fondo: a creación de novos empregos é moi irregular e traballar non é sinónimo de vivir dignamente ou de chegar a fin de mes, polo que é necesario seguir a traballar cara un cambio de modelo sustentable que cree emprego de calidade.

Relacionados