Rubén Pérez, coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e Julio Fernández, responsable de política municipal, trasladaron hoxe unha felicitación ao grupo opositor da COMUNIDADE DE MONTES de Cabral e ao conxunto de homes e mulleres da parroquia que co seu voto amosaron que Cabral NON QUERE este proxecto e que nin a presión mediática, a exercida polo propio goberno municipal que incluso “amenazaba con seguir adiante co proxecto independentemente do voto de hoxe!
Esquerda Unida considera que EUROFUND non ten outra saída que marcharse e o presidente da Comunida de Montes debería dimitir de inmediato,convocar xa unha asemblea para elexir nova dirección, presentar contas e asumir que a súa actitude dividiu á parroquia e sobre todo asentou a idea xeneralizada de actuar en base ao interés da empresa promotora do proxecto.
Para EU comenza agora un traballo de seguemento e explicación dos pasos que empresa e xerencia de urbanismo tomen se finalmente siguen adiante co proxecto.