Garantir a escolarización

 

A nosa organización fai pública esta situación para urxir á Consellaría a garantir a axeitada escolarización da pequena.

 

A alumna ten recoñecidas polo Equipo de Orientación Específico unhas “necesidades específicas de apoio educativo”. A solicitude da pequena aceptouse polo Equipo de Orientación e informouse ao centro escolar pola Comisión de Escolarización en data de 24 de maio. Xa choveu por certo. A pequena ten recoñecidas unhas necesidades específicas de apoio educativo derivadas dunhas discapacidades.

 

O noso Grupo Municipal é coñecedor das xestións realizadas polo CEIP de Esteiro para conquerir da Consellaría os reforzos educativos que precisa a nena. Reforzos educativos que no día de hoxe aínda non se fixeron realidade. E namentras, pasan os días e non chegan estes reforzos educativos a remitir pola Consellaría, coa inaceptable consecuencia que a pequena está na casa sen poder incorporarse ao centro escolar, ou o que é o mesmo se está a vulnerar o seu dereito a educación. Coa engádega  dun notabilísimo transtorno a ela e a súa familia.

 

Yolanda Díaz xa lle trasladou ao Goberno Municipal a problemática e a urxencia de proceder con celeridade e determinación para que a Consellaría resolva de inmediato  o persoal de reforzo que precisa a escolar. Temos que lamentar que as demandas e reivindicacións que nestes días levan ao profesorado á folga se condensan e precipitan en situacións dramáticas como a que hoxe denunciamos.

 

A veciñanza  da nena a amosou a súa solidariedade coa pequena e a familia e está a realizar múltiples xestións encamiñadas a obter da Consellaría os recursos para a continuación da  súa escolarización así como para o seu acceso ao centro CEIP de Esteiro.

 

Pedimos en resumo que o Goberno Municipal mova ficha diante da Consellaría para que xa nestea semana se poda incorporar á escola esta pequena.

Relacionados