Gardería de Mesoiro

 

Esquerda Unida afirma que os erros no deseño da gardería de mesoiro son unha nova mostra da incapacidade do goberno coruñés quen está a xogar cos cartos de todas e todos nos. Semella inconcibíbel a falta de control do concello sobre o deseño e execución da obra, pois aos graves defectos nos cálculos de cimentación hai que engadir os erros nas medicións, como indica a memoria de certificación final. Os devanditos erros foron múltiples: a medición da cuberta fíxose en planta sen contar coa inclinación da cuberta o que fixo aumentar os custes das partidas de zinc, aislante e yeso na cuberta e no falso teito, na fachada no se contou cos solapes, tamén houbo erros de medición no alicatado, acristalamento, recrecidos de formigón, fontanería, instalación eléctrica, calefacción e nos sistemas antirroubo e antiincendios.

 

Os feitos levan a pensar que ou ben se trata dunha “chapuza” ou polo contrario trátase dunha trama orquestada con premeditación coa intención de esquivar a fiscalización e falsear os orzamentos. Así pois, o Consellelo Comarcal de EU Coruña solicita que se abra unha investigación para clarificar os feitos e se depuren responsabilidades, pois a cidadanía coruñesa está farta de ter que soportar os constantes dispendios económicos aos que nos ten acostumados o goberno municipal, máis se cabe nos tempos de crise que estamos a vivir.

 

Semella inaceptable que poda xogarse dunha maneira tan perversa cos orzamentos, polo que EU esixe que se tomen as medidas necesarias para impedir modificacións substanciais destes, porque non nos esquecemos que A Coruña é dos coruñeses e das coruñesas non da clase política e do capital. A petición da nosa organización está na liña da propia Intervención xeral, que indica no seu informe que se deben tomar as medidas oportunas para que la modificación dos proxectos non desvirtúen o proceso de contratación.

 

Asemade, Esquerda Unida denuncia, o engano que sufrimos todos os coruñeses e coruñesas, cando en febreiro de 2009 o concello manifestou que o aumento orzamentario sería de 300.000 € cando a Xunta de Goberno municipal xa tiña aprobados máis do dobre do anunciado dende decembro de 2008, nun claro interno de agachar a realidade a cidadanía galega, proba máis que suficiente para decatarse que o concello era sobradamente consciente da súa nefasta xestión.

 

Por outra banda, o Consello Comarcal de EU Coruña apoia as reivindicacións do colectivo veciñal Novo Mesoiro e solicita ao concello que execute de seguido a ampliación de prazas prevista no proxecto inicial. Pois na actualidade as demandas duplican a capacidade da gardería.

 

Para Esquerda Unida, resulta inconcibíbel a falta de visión do goberno municipal que inviste gran cantidade de cartos nunha obra “faraónica” que acumulou un ano de retraso e que no momento da súa apertura xa se atopa desbordada. Algo lóxico por outra banda cando estamos a falar de 82 prazas ampliables a 123, nunha das zonas con maior demanda da cidade.

 

Xa que logo, EU demanda maior “visión de futuro” e pragmatismo ao concello. Pois resulta evidente que os pais e nais prefiren unha gardería con menos luxo pero da que poidan beneficiarse todas e todos que a demanden. A nosa organización está convencida que co aforro que suporía o simple feito de desenvolver unha cuberta tradicional de tella en lugar da de zinc, podería terse ampliado o número de prazas a demanda real actual. Parece mentira, coa que está a caer, que lle teñamos que recordar aos nosos gobernantes que debería xestionar os cartos públicos como si fosen os seus.

Relacionados