Garzón, Errejón e Oltra poñen a Galicia como exemplo do cambio

Os xardíns de Méndez Núñez quedaron pequenos para acoller as miles de persoas que seguiron (mais de 1.500 por streaming) o acto central de campaña de En Marea na Coruña.

ALBERTO GARZÓN destacou que “non pode gobernar unha organización que so serve para delinquir legal e ilegal, lembrar que o señor Rajoy e o señor ‘x’ nos papeis de Rajoy. “Non so se trata da corrupción ilegal, tamén a legal das amnistías fiscais que permiten as grandes fortunas tributar ao 2 por cento mentres a maioría social o fai moi por riba de todo iso. Goberno que di que non hai diñeiro para educación, sanidade pública, dependencia pero si para rescatar autopistas sen coches, aeroportos sen avións… sempre hai diñeiro para as oligarquías”. “Intentan inocular medo na cidadanía dicindo que se gobernando haberá miseria, desigualdade, pero iso xa existe e o fixeron eles. É a súa política que é inxusta e ineficaz. So sae unha minoría da crises, que incrementou as súas fortunas coa crise” declarou. “O pobo levamos anos mobilizándonos. Loitas que se están a cristalizar nas institucións pero nos pasa dar o paso para gobernar o conxunto do Estado e poñer a política ao servizo da xente. Os dereitos de hoxe foron as loitas de onte e as loitas de hoxe serán os dereitos de mañá pero o dereito a folga se gaña facendo folgas, non se pide permiso se lles arrebata. Imaxinade que gañamos as eleccións, entre todas as medidas que temos que poñer en marcha poderíamos entender que a primeira fora paralizar os desafiuzamentos de primeira vivenda.  Só poderemos conseguir cambiar e aplicar políticas para as persoas se continuamos loitando entre todos” afirmou Alberto Garzón.  “Galicia foi sempre un exemplo, tamén 2012 que sentou as pedras deste proxecto, pero tamén nas municipais, a confluencia non so depende dos nomes e apelidos dos que participan en negociacións senón da xente que a pediu desde abaixo a esixiu desde abaixo. Estamos cada vez máis cerca do PP, se facemos esforzo, o sorriso dos corruptos, dos banqueiros, quedará conxelada porque se construirá esa alternativa que depende de todos e todas nós” concluíu.

A número dous de En Marea pola Coruña, YOLANDA DÍAZ, salientou que o vindeiro 26 de xuño será o momento de votar a dignidade, a decencia, a alegría nunha campaña da xente, da maioría social, das mulleres, porque non hai novo tempo político se as mulleres non nos poñemos en pé, o rostro do novo tempo político ten rostro de muller”.  “Só hai dúas posibilidades, o goberno da corrupción dos que non se presentan as eleccións causan paro, destrución e contaminación ou os que queremos defender a xente os que queremos derrogar as dúas reformas laborais ao do PP e tamén PSOE, o goberno que ten a máis de 300 sindicalistas en cadea ou penas de presión mentres Rato e Blesa pasean en iates” afirmou. Queremos un país no que non haxa nenos que non podan facer 3 comidas ao día, educación pública e gratuíta. Xogámonos unha banca pública. Queremos que os de arriba os da estafa paguen os impostos para ter servizos públicos de calidade, imposto de solidariedade para que as antigas caixas sexan revertidas as arcas dos galegos e galegas e paguen polo dano que nos fixeron”.

MONICA OLTRA, incidiu no logrado xa cando dicían que “non o podíamos lograr e o fixemos mandando sacando de Valencia a Rita Barberá, Cotino, Fabra… non poderíamos pero os mandamos para casa e agora para a cadea, un a un. Fixemos un pequeno milagre. E o fixemos porque soubemos que podíamos e o fixemos posible e o 26 de xuño temos que rematar a faena”.  O cambio xurdiu desde abaixo, e é normal que estean nerviosos asegurou preguntando “non credes que Flotentino, Merkel, e todos os que marcan a política da UE non teñen feito chamadiñas durante todos estes días e tratan de mover fíos para impedir o cambio pero cantos anos levamos resistindo nos, moitos, agora lles toca a eles porque saben que imos a por eles e lles imos gañar”. “Primeiro meteron os recortes, xeraron medo e despois lei mordaza para que non protestaramos e poder continuar co medo para que non protesten. O imposto ao sol, que fixo un ministro en funcións. Pos unha placa na túa casa e pouco máis que te tratan coma un delincuente e poñen unha multa, de verdade vai quebrar Endesa ou Hiberdrola. O que fai é que sexa independente, síntese libre e non queren cidadáns libres, lles molesta a liberdade. Un goberno que ten as empresas en Panamá a quen cremos que defenderá, ou aos da súa clase que teñen todas as súas empresas alá e non queren contribuír ao benestar colectivo” denunciou Oltra. Unha estratexia que se repite na reforma laboral, la reforma da educación…“Di que hai que votar ao PP porque senón gañan os malos, benvidos malos e malas. Non serán os malos que planeaban botar ácido clorhídrico no Ebro para facer negocio? É o mundo ao revés e o 26 xuño teremos que demostrar que somos moitos os malos” afirmou. “Necesitamos un goberno que poña no medio ao ser humano. Imos cambiar este país e o imos facer a xente sinxela e decente” concluíu Mónica Oltra.

O alcalde da Coruña por Marea Atlántica, XULIO FERREIRO, salientou o traballo que xa están a desenrolar os gobernos do cambio nos Concellos cunha renda que permita as familias comer 3 veces ao día e ter un teito, e non pagar aos bancos. Estamos demostrando que si é posible de gobernar para á xente”. “Chámannos os ‘malos’ pero vos sodes dos ‘bos e xenerosos’ de Curros, os malos de verdade estaban no rueiro da Coruña e xa non están, Millán Astray. Non había cartos para sanidade pero si para as corridas de touro, pois xa non hai cartos para as corridas de touros. Para os nosos dereitos non hai nunca cartos e que sería de nós sen axudas na Universidade, pero é o que queren acabar coa posibilidade de que os fillos das clases populares non podan ter os mesmos dereitos que os seus fillos as mesmas oportunidades. Para os que pensan que todo é negocio, incluso o noso corpo”. Na súa intervención rematou destacando a necesidade de aliados no Goberno do estado e na Xunta. Necesitamos a Pablo na Moncloa e a Yolanda a Tone no Congreso. Estamos desafiando as súas políticas austericidas de estrangulamento dos gobernos municipais. Recuperando as bibliotecas para as mans publicas. Podemos desafiar as súas políticas pero necesitamos un goberno valente no estado español que dea entrada aos refuxiados, que impulse as políticas austericidas” concluíu.

Relacionados