Gaspar Llamazares na Coruña

 

César Santiso, agradeceu a presenza de Gaspar Llamazares e declarou que a súa visita sempre é motivo de honra para a nosa organización, mais nestes momentos nos que algúns partidos, doentes da impecábel actuación de EU-V no Concello e a súa capacidade negociadora, están a facernos unha campaña de desprestixio.

 

Santiso explicou que o grupo municipal está a cumprir co seu slogan electoral “outra política é posíbel”, representando a alternativa as políticas manidas habituais en María Pita e desenvolvendo unha política ética e coherente baseada no diálogo como demostramos coa nosa capacidade negociadora cando arrancamos ao goberno do PP importantes melloras para as familias traballadoras e os máis necesitados nas ordenanzas fiscais, conseguindo en medio ano de oposición e con un so concelleiro mellores ordenanzas fiscais que o bipartito en catro anos de Goberno.

 

Posteriormente tomou a palabra Gaspar LLamazares quen alagou o traballo desenvolvido polo grupo municipal e subliñou que EU-V representa o necesario aire fresco no Concello, ao tempo que trasladou todo o apoio de Izquierda Unida federal ao importante traballo do grupo municipal na Coruña.

 

Llamazares considera que Esquerda Unida entrará na composición do Parlamento galego tras as próximas eleccións autonómicas á vista dos resultados dos comicios xerais en Galicia e o constante incremento do apoio cidadán, en parte grazas a un traballo municipal serio e rigoroso. Asemade, expresou que a cámara galega precisa de maior pluralidade e de maior presenza de formacións de esquerdas.

Gaspar Llamazares augurou uns meses de grande conflictividade social cunha primavera europea e española chea de mobilizacións nas rúas debido a que a indignación vai continuar porque continuarán os recortes. Tamén anunciou que Esquerda Unida estará na rúa, ao lado dos sindicatos e da maioría social que está a sufrir as consecuencias dunha crise na que nada tivo que ver.

 

Só pídennos reducir a débeda á conta dun endebedamento social que pon en cuestión servizos esenciais como a educación ou a sanidade», explicou Llamazares, quen acusou ao PP de cometer unha fraude electoral ao ocultar no seu programa o contido da reforma laboral e non falar dos recortes. «Hai alternativas -explicou- e unha delas é reconstruír o noso sistema fiscal e gravar ás rendas máis ricas».

Relacionados