O PP goberna de costas a cidadanía

 

Esquerda Unida considera que dos orzamentos municipais despréndese que o PP goberna de costas a cidadanía. As enquisas amosan con claridade que as tres principais preocupacións dos coruñeses son: o desemprego, a situación económica e os problemas de mobilidade na nosa cidade, con todo o goberno municipal ignora nestes primeiros orzamentos estes aspectos.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que os orzamentos non reflictan as necesidades reais da veciñanza, loitar contra o desemprego e mellorar a mobilidade da Coruña, por iso Esquerda Unida os denomina como “os orzamentos do paro“. Pois o balance en canto ao investimentos para fomentar a economía produtiva é desalentador: tan so uns exiguos 700.000 € para dinamizar o comercio local, sen medidas de apoio a PEME e autónomos, sen plan de apoio a emprendedores ou sen medidas encamiñadas a fomentar o cambio do modelo produtivo.

 

En relación coa mobilidade, a pesares de que o Goberno municipal indica de maneira falaz que incrementa a partida para subvencionar o transporte público, a realidade é ben distinta pois a partida para o 2012 é de seis millóns de euros, mentres que o investido no 2011 foi de 8 millóns de euros, resultado de sumar aos 4,9 orzamentados inicialmente o suplementos recibidos no expediente de modificación de crédito. Así constátase unha vez máis que o PP xoga cos datos para tratar de despistar a cidadanía, pois a realidade é que a súa intención e investir o mesmo que no exercicio anterior, as únicas diferenzas estarán dadas polo número de viaxeiros pois manteranse as mesas axudas ao bonobus, apesares de que a UDC reduce as axudas a estudantes universitarios, xa que logo a diferenza en relación co ano pasado é que os estudantes terán que pagar dous céntimos mais por viaxe.

 

Por outra banda, o Goberno municipal non amosa intención de desenvolver un Plan de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) como leva tempo demandando Esquerda Unida, nin crear aparcadoiros disuasorios, nin ningunha medida tendente a mellorar o tráfico na nosa cidade, en lugar diso o Goberno do PP inviste na construción de escaleiras mecánicas e ramplas sen especificar, sen deseñar un plan e  sen avaliar a eficacia real deses investimentos sobre a cidadanía, e dicir beneficio €/habitante.

 

Por contra, os orzamentos do PP repiten os erros de anteriores gobernos locais, hipotecando as arcas municipais en obras faraónicas que nunca retornaran os investimentos comprometidos. Nesta ocasión a construción do túnel do Parrote para o soterramento do tráfico, amosa o afastado que se atopa o Goberno municipal das necesidades da veciñanza. O proxecto estrela do Goberno Municipal, que outrora podería ser considerado un investimento, é un malgasto en tempos de crise e desemprego, pois o investimento en infraestruturas non relacionadas directamente co tecido productivo so é rendíbel en termos de creación de emprego temporal e precario como demostraron as erráticas apostas do Goberno central do PSOE, e tampouco o é en termos sociais pois o aumento da calidade de vida dos coruñeses e coruñesas e insignificante diante dunha actuación que na primeira parte comprometerá o equivalente a un 10% do orzamento anual e no seu conxunto suporá ducias de millóns de euros para engordar as contas das empresas constructoras afondando no insustentábel modelo produtivo do ladrillo e o formigón que nos meteu nesta crise salvaxe en lugar de fomentar o cambio do modelo produtivo, reactivar a economía local e crear emprego de calidade que é o que queren os coruñeses.

 

Esquerda Unida considera que os tres millóns que va a malgastar o Concello nesta primeria anualidade desta innecesaria obra poderían investirse en:

a) Servizos sociais, que ademais de mellorar a calidade de vidas da veciñanza, xeran o dobre de emprego que os investimentos en infraestruturas non relacionadas directamente co tecido produtivo como demostran diversos análises económicos

b) Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME),  para PEME,  autónomos e cooperativas.

c) Na construcción de aparcadoiros disuasorios para reducir a entrada de vehículos na nosa cidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estes orzamentos escenifican  o que pasará si goberna o pp no estado. Nulo investimento na reactivación economíca e incapacidade para cambiar o modelo produtivo”.

 

César Santiso citou, ademais dos erráticos investimentos en infraestruturas non relacionadas directamente co tecido produtivo, o endebedamento do Concello que volta a necesitar un préstamo bancario duns 11 millóns e medio de euros que o propio alcalde xustificou “como era habitual en años anteriores”, a pesares de ser unha crítica constante aos anteriores gobernos cando o PP estaba na oposición. “Feito cheo de hipocrisía”, segundo Santiso, pois en campaña electoral avoga por unha mellor xestión dos gastos superfluos para financiar novos investimentos cos recursos aforros, evitando así a necesidade de endeudamento, o que “constitúe unha boa proba de que para o PP do dito ao feito hai un grande treito”.

 

Por último, Santiso indicou que “a falta de poder estudar as partidas en profundade, entendemos que ao contrario do que falazmente anuncia o Goberno municipal o gasto social descende en termos reais, así anuncia un incremento das partidas destinadas a servizos sociais nun 2,66%, máis este incremento non cubre nin tan sequera o incremento de prezos derivado do interanual IPC, que no mes de outubro xa vai polo 3,1%. Asemade o PP non pode xustificar cun incremento do 2,66% os radicais recortes nos orzamentos da Xunta de Galicia no que se refire a gasto social e o incremento exponencial das necesidades da cidadanía destes recursos por mor a crise económica e os altos índices de desemprego que esta a afogar as familias traballadoras coruñesas.

Relacionados