Goberno do PP e UCPA

 

 

O pasado 28 de decembro, nun pleno ordinario, o goberno do Concello de Ponteareas, formado polo PP máis UCPA, votou en contra dunha moción presentada por un partido da oposición.

Nesta moción presentouse para o Parlamento de Galicia, dúas emendas os orzamentos da Xunta, no que se refire a Educación en Ponteareas:

 

1.      Construción dun novo C.E.I.P.

2.      Construción de pistas cubertas en Centros de Educación.

Tamén, e despois de expoñer os problemas que sofre o centro, propúxose ao pleno a adopción dos seguintes acordos:

1.      Instar á Consellería de Educación unha reforma integral do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey.

2.      Instar á Consellería de Educación á construción dun novo C.E.I.P.

3.      Instar ao Concello de Ponteareas a realizar o mantemento deste centro de maneira rigorosa, para que cumpran as condicións mínimas de salubridade.

Tendo en conta que o Concello ten a obriga de realizar o mantemento das escolas públicas e que dito mantemento non existe, isto parece unha broma pesada.

Na Asociación de Nais e Pais do CEIP Fermín Bouza Brey estamos fartos de aguantar a ineptitude e a falta total e absoluta de responsabilidade para cos seus cidadáns, do citado Goberno, e máis directamente co Alcalde e co Ex-Concelleiro de Educación: o Sr.  González Solla e o Sr. Fernández Carrera, respectivamente.

Aínda estamos a esperar unha resposta do Concello á reclamación feita fai un mes denunciando as gravísimas carencias da escola en canto a mantemento, seguridade e hixiene. Pero non só o Goberno de Ponteareas non se digna a respondernos, se non que levamos o mesmo tempo esperando as contestacións da Consellería de Educación e do Xefe Territorial, o Sr. Pérez Ares. Éste último xa nos ten acostumados, pois  tamén levamos dous meses agardando a que nos dé unha cita.

O que sí temos, de momento, é un expediente aberto na Institución do Valedor do Pobo, o Sr. López González, que admitíu a trámite a nosa denuncia xa que considera que ten cobertura constitucional.

Relacionados