O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia o boicot que sufriu a plataforma pola mobilidade por parte do goberno local que ordenou desmontar o stand informativo sobre mobilidade alternativa actividade desenvolvida a nivel mundial con motivo do parking day. E o fixo en plena Semana Europea da Mobilidade. Non temos coñecemento que en ningunha outra cidade do mundo, os seus gobernantes impedisen o desenvolvemento desta actividade que consiste en explicar e concienciar a cidadanía sobre as vantaxes de medios de transporte alternativos, como a bicicleta, sobre os vehículos particulares a motor.
A plataforma pola mobilidade solicitou en tempo e forma o permiso correspondente, o goberno municipal non denegou a actividade que comezou as oito da mañá, mais semella que no PP celáronse do rotundo éxito da iniciativa cidadá que atraio a atención de infinidade de viandantes e eclipso á campaña sobre mobilidade sostible que está a desenvolver o goberno municipal que, a diferenza da desenvolvida polos voluntarios da plataforma pola mobilidade, si ten custes para as arcas municipais pois incluso se contratou a unha empresa.
A miopía do goberno municipal chega a tal punto que as 16:30 h., aproveitando un intre no que hai pouca xente na rúa, órdeo desmontar a actividade de concienciación cidadá sobre a mobilidade sostible, apesares que a plataforma en ningún momento recibiu notificación de denegación do permiso.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP, nunha actitude canto menos antidemocrática, senón fascinerosa, está a obviar e perseguir a todos aqueles colectivos que lle son incómodos”, onte o fixo coa plataforma pola mobilidade, fai uns días coñecemos que organiza as festas do Rosario deixando de lado a AVV. da Cidade Vella, a AVV. do Castrillón fixo múltiples denuncias no sentido de que o PP lle nega o diálogo, o mesmo acontece coa AAVV. Os Rosales, Oza-Gaiteira-Os Castros, a AVV Atocha-Mote Alto-Torre de Hércules pechoulle a biblioteca en represaría por denunciar o pelotazo urbanístico de Durmidoiras e agora decatámonos que pecha o pub Patachim por denunciar que o goberno municipal incumpre as súas promesas.
Esquerda Unida lamenta a actitude sectaria, caciquil e ditatorial do goberno municipal.