Esquerda unida apoia a decisión do goberno municipal de impedir a apertura de novas áreas comercias. Con todo, considera insuficientes, inconexas e pouco elaboradas as medidas anunciadas polo alcalde.
Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, declarou “saúdamos tan obvia decisión, pois a oferta comercial supera con creces a demanda da veciñanza. En todo caso a medida e claramente insuficiente para reactivar a economía local. Apañados imos os coruñeses e coruñesas si esas son as solucións económicas para loitar contra o desemprego. Non dicía o PP en campaña que a mellor medida social era crear emprego, onde están esas medidas? Realmente o goberno municipal ten un plan para reactivar a economía local?
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que para apoiar a autónomos, PEME e pequeno comercio local é necesario desenvolver un servizo integral de apoio municipal a emprendedores (SIAME) que permita a reactivación da economía coruñesa, creando emprego estábel e de calidade e favorecendo un cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo.
O devandito SIAME cubrirá as necesidades básicas as que se enfrontan autónomos, cooperativas e PEME para que poidan centrarse na súa actividade produtiva, rachando coas barreiras burocráticas que na practica impide a moitos emprendedores desenvolver a súa actividade. Así mediante unha taxa que cubra custos de xestión, permitirase acceder de maneira compartida a oficinas, comunicacións, loxística, servizos administrativos, informáticos e asesoramento contábel, laboral e tributario.