GRUMIR e chiringuitos

Esquerda Unida considera que a creación da unidade GRUMIR suporá un malgasto e xerará descoordinación nos servizos de emerxencia, debido a que non só se solapan funcións coas dos bombeiros, senón que ao participar distintos corpos xerarase descoordinación á hora de desenvolver traballos en conxunto, senón que ademais incrementarase o gasto en material de comunicación, instalacións, gastos correntes, formación separada, etc.

Semella inaudito que o goberno municipal que basea a súa acción política na austeridade, se dedique a crear novos corpos con solapamento de funcións, cando de todos é sabido que este tipo de políticas resultan ineficientes.

Si se necesitan mellorar os servizos de emerxencia para incrementar a seguridade da cidadanía, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que se creen as prazas necesarias de funcionarios para desenvolver o servizo correctamente baixo a dirección e coordinación da xefatura do parque de bombeiros. Creando os grupos operativos que sexan necesarios para actividade diaria e os grupos operativos para a actividade extraordinaria logo dunha análise real e completa das necesidades de seguridade na nosa cidade.

Para Esquerda Unida esta e outra maneira de privatización encuberta e progresiva, neste caso o PP ataca aos servizos de seguridade municipais. Porque non debemos esquecer que Protección Civil é un corpo de voluntarios ao que se lle están outorgando unhas funcións que nunha cidade como A Coruña, deberían estar asumidas por un corpo profesional de funcionarios, como o de bombeiros.

o voceiro de EU-V, César Santiso, denunciou que “o PP está a crear chiringuitos municipais, duplicando servizos e incrementando custes para colocar a persoal de confianza da súa corda”, así o goberno municipal potencia un corpo baseado en cargos de libre designación como protección civil a consta de ningunear e menosprezar a un corpo exemplar como o de bombeiros que ten máis de 100 funcionarios, auténticos profesionais que a diario se están a xogar a vida por todos nos.

César Santiso indicou “estamos diante dun novo exemplo de política antisocial, en lugar de crear emprego estábel e de calidade foméntase a precariedade laboral, pois os traballadores do GRUMIR terán contratos que se teñen que renovar cada seis meses”.

 

Relacionados