A hipocresía de PP e PSOE

 

Esquerda unida acusa a PP e PSOE de practicar a hipocrisía en relación coa austeridade, os salarios e as dotacións económicas aos grupos municipais. Así mentres o PP utilizou a bandeira da austeridade durante a campaña electoral, mantén a rede clientelista de directores de área nunha cidade que organizativamente podería prescindir das devanditas áreas e aproba que o salario do alcalde sexa o máis elevado de Galiza, practicamente equiparado ao do Presidente da Xunta de Galicia.

 

Pola súa banda o PSOE, a pesares de ser o único grupo da oposición con dedicación exclusiva e que na votación do pleno abstivéronse neste punto da orde do día, ataca ao Goberno do PP polo dito salario do alcalde, máis esquece que foron eles mesmos o que o aprobaron, tamén esquece o malgasto do anterior goberno bipartito, tanto en dedicacións exclusivas como en parque móbil ou protocolo.

 

O grupo municipal de EU-V lamenta que o pleno da Coruña non asumise a súa proposta de redución de salarios nun 25% e o achaca a que os partidos tradicionais son incapaces de escoitar o clamor da cidadanía. A devandita redución si que sería un verdadeiro exemplo de austeridade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, demandou coherencia aos voceiros de PP e PSOE ao tempo que puxo en valor a súa renuncia á dedicación exclusiva na primeira rolda de prensa desenvolvida tras as eleccións municipais. “hai que cumprir radicalmente co que se di, non valen medias tintas”, sentenciou Santiso.

 

César Santiso indicou “Falan de austeridade e se atacan entre si, mais son eles os primeiros que non queren modificar os seu actual status quo, con todo fomos nós os que mantivemos a coherencia e a nosa aposta decidida pola austeridade renunciando a dedicación exclusiva mais o pago do Goberno municipal foi cercenar a nosa capacidade de oposición, asignando a unha soa persoa para desenvolver o traballo do grupo municipal, negándose incluso a proposta de EU-V de cambiar un asesor por dous administrativos, proposta que significaba un mínimo incremento económico”.

 

Relacionados