Homenaxe a remeiras Mugardesas

 

Pois ben, este equipo formado polas mugardesas  Nicole Maroño, Sheila Fernández, Nerea Vázquez e Cristina Reborido se proclamou campeón de España na súa categoría.

O día 3 de maio, e ante a inhibición do grupo de goberno, o GM de EU-IU solicitou a realización dunha homenaxe a estas remeiras, ó igual que sucedera en casos anteriores con remeiros de Mugardos que competían baixo o amparo doutro Club.

Pasado o tempo e como aínda non se fixo nada, o plantexamos novamente na comisión de cultura e deportes celebrada o día 14 de xuño, obtendo unha vaga resposta por parte de Bouza, presidente da comisión.

O feito é que a día de hoxe aínda non se lles deu o mesmo tratamento que a outros deportistas, polo que demandamos reflexión ó goberno municipal e que enmende o seu erro e organice a homenaxe a estas remeiras mugardesas.

Para evitar estas situación reclamamos, ó igual que fixemos na comisión de cultura e deportes citada, que o concello elabore un regulamento para marcar o campo de xogo e que tódolos/as deportistas de Mugardos teñan o mesmo tratamento, que non dependa do beneplácito do grupo de goberno.

Relacionados