Homenaxe José Couso

Grazas a labor dos reporteiros gráficos e xornalistas, a guerra entra nas nosas casas e nos amosa a frialdade dos intereses económicos e xeopolíticos das grandes potencias, que levan vidas humanas por decenas, destrución dos países máis febles e o afundimento moral de sociedades enteiras.

Dez anos despois de que un carro de combate norteamericano apuntase ao Hotel Palestina, onde estaban os medios de comunicación, e disparase un proxectil que acabou coa vida de Taras Protsyuk e Jose Couso, segue sen haber un xuízo xusto. As presións políticas e diplomáticas dos Estados Unidos, a pouca valentía do goberno español e o desinterese en afondar no fracaso estrepitoso  do trío das Azores, entorpeceron e levaron a vía morta o procesamento dos militares norteamericanos.

Dende EU Ferrolterra honramos a memoria dun profesional que arriscou e perdeu a súa vida polo dereito a información veraz, e solicitamos do goberno español valentía, investigación e xustiza, para que os culpables deste terrible crime sexan xulgados e condenados, conforme a un estado  democrático e de dereito.

 

 

 

Relacionados