Hortos Urbanos

 

Esquerda unida propón que o Concello incorpore unha grande zona de hortas urbanas na modificación do parque do Agra. A proposta, que consiste en crear espazos produtivos baseados en agricultura ecolóxica autoxestionados pola veciñanza en forma cooperativa co apoio municipal, pretende ser o punto de partida para converter A Coruña nunha cidade modernas e amigábel coa veciñanza, así ao incorporar zonas verdes produtivas no interior da cidade estanse a crear biotopos naturais no interior da cidade incorporando biodiversiade e, xa que logo, mellorando a calidade medioambiental da cidade e a saúde da cidadanía.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta por recuperar e transformar zonas verdes improdutivas da cidade para fomentar unha rede de hortos urbanos con verxeis de froiteiras e xardíns sustentábeis que permitiría dispor en cada barrio de este tipo de espazos para que os veciños e veciñas poidan traballalos de maneira natural. Así, ao tempo que se oferta unha actividade de lecer saudábel ao aire libre que permitirá a cidadanía consumir alimentos naturais, sans e decalidade, se fomenta a socialización da veciñanza recuperando valores tan necesarios en tempos de crise como solidariedade, cooperación, traballo en equipo, toma de decisións colectivas e incluso, contacto coa natureza o que redundará nun maior coñecemento e coidado do medioambiente, ou mesmo trueque cos excesos de colleitas.

 

A dita proposta consiste en definir espazos verdes improdutivos e recuperar outros espazos degradados en cada barrio, construír as infraestruturas ecolóxicas necesarias nos arredores das zonas de hortas, é dicir acadar unha correcta harmonización de especies vexetais que fomenten biotopos naturais que favorezan a práctica da agricultura ecolóxica, para posteriormente ir ocupando paulatinamente a zona de hortas segundo a demanda de utilización destes espazos colectivos por parte da veciñanza. Mentres, estas zonas quedarían sementadas con especies tapizantes de variedades autóctonas ou asimiladas, que ao mesmo tempo que permitan o seu uso como paseos naturais, teñan baixas ou nulas necesidades hídricas e de aboado e se caractericen por enriquecer o solo para facilitar a posterior tarefa agrícola, como por exemplo distintos tipos de leguminosas como o trevo anano.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “hai moita xente desempregada e inactiva que se atopa desesperada. Porque o Goberno local non lles ofrece a posibilidade de sentirse produtivos ao tempo que axudan á economía familiar?”

 

Relacionados