Icumprimento lei protección de datos

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si a web do plan de mobilidade representa a calidade do mesmo, podemos asegurar que o PP está a tirar medio millón de euros”. O goberno municipal anunciou fai un mes a bombo e prato o lanzamento da web como unha ferramenta de participación sinxela e accesible que incorpora unha enquisa online como parte do traballo de elaboración do plan de mobilidade. Pois ben, a web non so incumpre os requisitos mínimos dunha web da administración pública en canto accesibilidade, obviando a colectivos con deficiencias visuais, motrices e auditivas, senón que presenta outras graves eivas que a inhabilitan como ferramenta de participación cidadá.

Esquerda Unida denuncia que a web de mobilidade incumpre a Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), moitos datos como teléfono, nome e e-mail son cedidos gratuitamente a terceiros, concretamente a empresa do servizo de enquisas. Entendemos que se está a utilizar unha conta gratuíta, e non hai que ser un experto para saber que na internet nada é gratuíto, si non se paga e non hai publicidade o negocio está no tráfico dos datos dos coruñeses e coruñesas que cubran os formularios.

Asemade a web de municipal incumpre a Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI) así como a normativa europea recentemente aprobada en cato ao uso de Cookies, o cal debe ser avisado en un lugar claramente visible e nesta páxina está agachado

Resulta un auténtico escándalo que unha administración pública utilice provedores de dubidosa reputación cuxa sede social se atopa nun luxoso chalet na elitosa rúa Serrano en Madrid e que infrinxen a lei, neste caso o provedor do servizo, na súa propia web corporativa, nin información sobre tratamento de datos o que significa unha clamorosa violación da LOPD e da Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI)

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera inaudito que o concello este a ceder os datos dos coruñeses que participan na enquisa de mobilidade a terceiras empresas apesares de dicir o contrario na web. Semella incrible que existindo moitos servizos de enquisas online de código aberto (opnsource), uns gratuítos e outros de pago, moito máis seguros e que permiten o pleno control dos datos por parte do Concello, o goberno municipal optase por usar un sistema de terceiros con aloxamento dos datos nos seus servidores propios.

César Santiso subliñou “resulta grotesco, bochornoso e de mal gusto que a web de mobilidade engane á cidadanía indicando que no ceden os datos cando si o está a facer”. De feito xusto debaixo do anuncio aparece o logotipo da empresa externa que xestiona os datos e que incumpe a normativa, incluso informa do uso dos datos dos usuarios dende Google Analyts no apartado relacionado coa protección de datos.

Relacionados