IES Paseo das Pontes

 

Esquerda Unida solicita á Xunta de Galicia que reconsidere a súa posición en relación co peche do instituto e que desenvolva unha transición non traumática cara ao centro integrado de FP, toda vez que se constata a posibilidade de facer a reconversión de maneira paulatina permitindo finalizar os estudios no centro aos alumnos que na actualidade os están a cursar, como o demostra o feito que o peche do IES supón o cambio de centro de 250 alumnos mentres que a oferta formativa en FP tan so aumenta en 44 prazas para o próximo curso. Así pois, os datos pon de manifesto que é posíbel facer unha reconversión paulatina e non traumática, so é necesario vontade política.

Relacionados