ILP contra a corrupción

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013.- O Parlamento non só pecha aos cidadáns a súa tribuna de convidados. Outra das teóricas portas que a Cámara posúe para deixar entrar o aire da rúa, a admisión de Iniciativas Lexislativas Populares (ILP), tampouco funciona como debera. O pasado venres, a Mesa do Parlamento –onde sentan unicamente PP e PSdeG-, o órgano que rexe o día a día do Hórreo, negouse a tramitar unha ILP sobre corrupción e rexeneración democrática. A proposta presentouna o partido Compromiso por Galicia.

Alternativa Galega de Esquerda considera indigna a actitude da Mesa e defende a máxima apertura do Parlamento de Galicia ás Iniciativas Lexislativas Populares. Este é un dos escasos mecanismos habilitados na institución para permitir as achegas das cidadás e cidadáns e non é de recibo, engade AGE, que os partidos que se reparten o control da Mesa xoguen a obstaculizar a entrada e debate de ILP.

Relacionados