ILP presentada hoxe pola PAH no parlamento

A piques de cumplirse un ano da aprobación do Decreto lei andaluz 6/2013, do 9 de abril, de medidas para asegurar o cumprimento da función social da vivenda, a instancia da conselleira de IU Elena Cortés.

Esquerda Unida manifesta o apoio á ILP que hoxe presenta a plataforma de afectados pola hipoteca no parlamento galego.Esquerda Unida súmase á proposta da PAH de Galicia de paralización inmediata de todos os desafiuzamentos e a posta en marcha do aluguer social como alternativa á expropiación banqueira.

A piques de cumprir un ano de que o goberno andaluz ao que o Núñez Feijóo fai tantas alusións, recoñecese e garantise a función social da vivenda a través do decreto lei 6/2013 do 9 abril, Esquerda Unida esixe que o goberno galego siga o mesmo sendeiro de cara ao cumprimento do mandato constitucional de garantir a función social da vivenda.

O artigo 47 da Constitución determina “o dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada” pero na práctica e co beneplácito dun goberno antisocial, esta normativa deixa de ser un dereito no momento en que se ve suxeito ás leis do mercado.

A situación de emerxencia social e económica require que os poderes públicos adopten as medidas necesarias para garantir un dereito social como é o da vivenda digna.

Por todo isto, Esquerda Unida súmase a reivindicación da PAH, e destaca a medida aprobada en Andalucía que posibilita a expropiación temporal de vivendas á Banca a cambio dunha indemnización, para asegurar o dereito a unha vivenda digna, en relación co dereito á vida e á integridade física e psíquica das persoas afectadas por desafiuzamentos provintes de execucións hipotecarias, co fin de que poidan seguir ocupando a súa vivenda.

Relacionados