Iluminación no 14N

 

O resultado da Folga Xeral so pode valorarse como de enorme éxito, queremos felicitar á cidadanía consciente que ao longo do Estado fixo uso do seu dereito constitucional, preto do 75% dos traballadores e traballadoras secundaron o paro que tivo un 10% de maior seguimento na Galiza, onde medio millón de persoas participaron nas distintas manifestacións, preto de cen mil na Coruña onde se produzo a manifestación máis importante dende o comezo da democracia.

César Santiso, indicou que “esperemos que o goberno central e tamén o local recapaciten diante do enorme rexeitamento social ás políticas de recortes e os enganos do PP, que disfrazan de austeridade e boa xestión un ataque ideolóxico sen precedentes contra as familias traballadoras que as levará á pobreza e a ruína oa país”.

Esquerda Unida considera que o Concello mantivo a iluminación urbana até o mediodía para falsear os datos do seguimento da Folga logo do éxito da convocatoria, actitude similar á mantida en Valladolid, Albacete e outros moitos Concellos. Semella lamentable que o Goberno municipal regale cartos públicos as multinacionais eléctricas que están a afogar a cidadanía mantendo a iluminación durante o día por toda a cidade: Monte Alto, Elviña, Novo Mesoiro, durante o percorrido da manifestación… para facilitar unha coartada ideolóxica ás medidas antisociais desenvolvidas polo goberno Rajoy. Situación semellante aconteceu nas institucións públicas onde permaneceron encendidas todas as luces, para mostrar sensación de normalidade, apesares de que moitos traballadores e traballadoras públicos estaban exercendo o seu dereito a Folga

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno ao goberno municipal canto supuxo manter a iluminación até as 12:30 h. e si ten pensado o alcalde pagar do seu salario o dito malgasto, asemade EU-V preguntará tamén sobre as razóns que obrigaron o espectacular despregue da policía local diante dos piquetes informativos durante toda a noite e mañá da Folga Xeral así como o custe que supuxo para as arcas municipais, cando está misión non lle corresponde á policía local, senón á policía nacional.

Santiso ademais salientou a encomiable actitude dos piquetes informativos, nos que participou ininterrompidamente dende as 22:00 até as 11:00 h., onde unha inmensa maioría desenvolveu a súa labor de información de maneira exquisita, informando con amabilidade, respetando escrupulosamente o dereito das persoas a ir a traballar sen coaccionar e sen cometer actos vandálicos, mentres que a actitude dalgúns membros das forzas do orden foi desproporcionada.

 

Relacionados