imcumprimento alcalde con Emafesa

 

O noso Grupo Municipal vén manifestando a súa preocupación polo vencemento dos prazos que contempla a lei tanto para acordar as contas, canto para formular unha proposta de futuro para garantir a mellor prestación do servizo a nosa cidadanía.  Xa que logo, instamos a alcaldía a facer o traballo oportuno pàra conquerir superar a situación de impasse na que nos atopamos. O labor dun gobernante é o de resolver as dificultades, tarefa na que cómpre salientar non se desenvolve precisamente ben este Goberno.

 

Esquerda Unida tamén quere manifestar a súa preocupación pola non resolución do conflito laboral que latexa entre a plantilla de EMAFESA  e a parte empresarial. A  nosa organización vén defendendo tanto no Pleno como no propio Consello de Administración da empresa os intereses, que coidamos son xustos e máis que razonables, das traballadoras e traballadores da empresa, que seguen sen contar cun convenio colectivo novo. As dilacións e cobiza  empresariais veñen obstaculizando o chegar a un acordo.

 

Situación diante da cal  temos que criticar  que tamén o Goberno Municipal asuma implícitamente sen inmutarse, mecéndose nun soño compraciente, as esixencias  da parte empresarial. Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que faga valer o seu peso para defender as demandas da plantilla e pór coto o descontrol e imposición unilaterais da parte empresarial. Demandas que somentes queren manter o poder adquisitivo, a vixencia trianual, a cláusula de garantías e outras melloras vencelladas coa clasificación profesional e a xornada flexible.

 

O noso Grupo Municipal é tallante o respeito do tema da suba do recibo da auga.  Non aceptaremos baixo ningún concepto unha suba no recibo para compensar as pretendidas perdas da empresa. Non pode ser que cando haxa beneficios os leve a parte empresarial e cando se fala de perdas teña que ser a veciñanza, todas e todos nós, ou o propio concello ( con cartos públicos ) quen os sufrague.

 

Esquerda Unida formula a súa proposta para o futuro da empresa: a súa total e completa remunicipalización para conquerir un batería de obxectivos:

 

         O  carácter público como garantía da prevalencia  absoluta  dos intereses da veciñanza no que atinxe á  mellora na prestación do servizo, sen outras consideración economicistas atentas só o beneficio da parte privada.

         A garantía social na súa prestación, de xeito que non se poda desconectar a ningún usuario que acredite necesidade da rede de subministro..

         O compromiso de  que non suba do recibo para simplemente darlle beneficios á actual parte privada.

         A garantía de transparencia mediante a asunción dun modelo de xestión participada polo nosa veciñanza e tecido asociativo, coa adopción dunha estrutura de coxestión participativa.

         A aposta pola sustentabilidade coa mellora progresiva da rede de subministro, mediante a planificación na mellora do rendimento ecolóxico ( eliminación das fugas e concienciación para a redución do consumo ) e para o desenvolvemento dun plano plurianual de investimentos e a progresiva eliminación do fibrocemento nas conducións.

Relacionados