Esquerda unida solicita ao concello coruñés que controle que a empresa concesionaria da grúa municipal pague en tempo ao seu cadro de persoal. Mais cando o problema arrástrase dende o ano 2008 e a propia inspección de traballo ten sancionado á empresa.
Cesar Santiso, voceiro de EU-V, indicou “resulta lamentábel que os traballadores e traballadoras de empresas concesionarias de servizos públicos teñan problemas para cobrar, cando todos sabemos que as devanditas empresas obteñen pingues beneficios a costa da cidadanía”.
César Santiso subliñou que a realidade está a demostrar que os conflitos laborais nas empresas concesionarias de servizos públicos son constantes como o demostra o feito dos conflitos mas empresas concesionarias de deportes, nas de recollida e xestión do lixo ou nas de limpeza. “chegou o momento de que o concello asuma a súa responsabilidade e actúe para evitar estes problemas” afirmou Santiso.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que o concello incluía cláusulas nos pregos de contratación das concesionarias de servizos municipais para garantir a súa participación nos procesos de negociación colectiva e igualar en canto a dereitos laborais aos traballadores dos servizos públicos.