Alternativa Galega de Esquerda denuncia á “gravísima” situación na que se atopan os comedores escolares ante o atraso no pago por parte da Xunta.
Santiago de Compostela, 30 xaneiro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda a través do seu deputado, Ramón Vázquez, exisiu á Xunta de Galicia que explique cales son os motivos do atraso de máis de catro meses no pago aos comedores escolares dos centros de ensino de Galicia que está a provocar unha gravísima situación que mesmo podería implicar a suspensión do servizo tal e como denunciaron os propios directores dos centros.
Ramón Vázquez asegura que a explicación ofrecida pola Xunta “non é verosímil” do aumento da demanda “non é verosímil e menos para un Goberno que se gaba de facer recortes para garantir o pago das facturas en menos de 45 días”.
Dende AGE lembran ademáis que en datas recentes o goberno galego anunciou o ingreso aos colexios do importe correspondente ao primeiro trimestre deste ano mais non aportou datos co respeto ao pago dos meses atrasados de outubro, novembro e decembro de 2012.
AGE presentou unha interpelación no Parlamento na que se piden explicacións á Xunta de Galicia sobre o motivo destes atrasos e tamén sobre se teñen pensado implementar a rede de comedores xestionados a través dos chamados ‘caterings’ ou mediante xestión indirecta.