Inacción ante o conflicto de Povisa

polo que  presta atención especializada a unha poboación de preto de 150.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo.

O grupo parlamentar de AGE lembra que é responsabilidade da Consellería de Sanidade, garantir a calidade da atención sanitaria que Povisa presta aos seus usuarios e pacientes, así como tomar todas as medidas necesarias para impedir que a lista de espera deste hospital (a maior de Galiza) non siga medrando. Así mesmo, é a súa reponsabilidade garantir o bo uso do diñeiro público que Hospital Povisa recibe a cambio da prestación sanitaria concertada o que fai que a conselleira de Sanidade sí teña responsabilidade no conflicto.

AGE destaca tamén o incumprimento das súas obrigas por parte da Consellería xa que tería que ter actuar en relación ás denuncias por parte do Comité de Folga de “incumprimento dos Servizos mínimos” por parte da Dirección de Povisa e confirmada pola Inspección de Traballo, requirindo a Povisa que cumpra a legalidade que respecte a cláusula de ultraactividade pactada no Convenio Colectivo de empresa e a negociar de “boa fe” o convenio 2011, así como a dar cumprimento a todas as sentenzas xudiciais non aplicadas pola empresa.

Relacionados