incoherencia da alcaldía

 

A suba dos prezos dos servizos públicos prestados polo concello e que agora  tamén asume o ataque sen precedentes de Feijóo á función pública, ao admitir  que vai aplicar ás traballadoras e traballadores do concello de Ferrol.

 

Esquerda Unida considera reveladora a asunción pola alcaldía de Ferrol do discurso e práctica ultraliberal de Rey Varela.  A formación política de  esquerdas e ecoloxista xa anuncia a presentación dunha batería de actuacións  institucionais e de mobilización co obxecto de derrotar os anuncios e evitar a súa plasmación paráctica , obedientes a Feijóo, que fai o alcalde de Ferrol.

 

Yolanda Díaz pregúntalle ao alcalde de Ferrol canto quere subir os servizos públicos que presta o concello, desdecíndose daquel mantra co cal fachendeaba na oposición de non encarecer o custo dos servizos a nosa cidadanía. Tal reviravolta ten o nome de mentira.

 

A nosa organización traballará cóbado con cóbado co resto da oposición para tentar impedir este atraco social que pretende agora perpetrar o PP. Esquerda Unida  reunirase coa representación sindical das traballadoras e traballadores de Ferrol ao obxecto de opoñer unha fronte común contra o ataque do PP.

 

Esquerda Unida vai desenvolver todos os esforzos necesarios para traballar de maneira unitaria con todos os sindicatos e organizacións opostas a semellante ataque contra a clase traballadora na procura de derrotalo.

Relacionados